05/09/2010
inicio  |  candidato  |  candidatura  |  programa  |  contacto |  afíliate
galego | español
psdeg psoe . . contacta
.
.

noticias
---

NON FOI NECESARIA A VOTACIÓN INDIVIDUALIZADA Ó CONTAR CO BENEPLÁCITO DE TODOS OS ASISTENTES

108 MILITANTES E SIMPATIZANTES DOS SOCIALISTAS DE AMES APROBARON POR ACLAMACIÓN A CANDIDATURA PRESENTADA POR CARLOS FERNÁNDEZ


FOTO (16/02/2007) 


A Asemblea de militantes e simpatizantes da Agrupación Local do PSdG-PSOE de Ames, elixiu a candidatura para participar nas próximas eleccións municipais do 27 de maio nun acto celebrado o venres 16 de febreiro na Casa da Cultura de Bertamiráns. Os 108 militantes e simpatizantes que concorreron á dita asamblea aprobaron por aclamación a candidatura presentada polo candidato Carlos Fernández Castro.

A elección comezou coa intervención do Secretario de Organización da Agrupación Local, que foi o encargado de explicar en que consistía o proceso que se ía a levar adiante. Subliñou, na súa intervención, que este era o momento no que se pechaba o proceso interno de elección de candidato e candidatura. Polo tanto, despois da elección tocaba poñerse a traballar para acadar os mellores resultados posibles na cita coas urnas o vindeiro 27 de maio.

Recordou (ó rematar a súa intervención o secretario de organización) que o día 16 era un bo día para elixir a candidatura do PSOE de Ames, xa que entre outros moitos motivos quedaban 100 días para a celebración da cita coas urnas. Por iso a partir do mesmo remate da asemblea comezaba a conta atrás da mítica cifra dos 100 días.

A continuación, Carlos Fernández iniciou a presentación da candidatura aludindo o encargo recibido por unanimidade hai un mes consistente en facer a mellor candidatura posible para Ames. Centrou a súa intervención en acadar 3 obxectivos básicos para os Socialistas de Ames:

1.- Gañar as próximas eleccións municipais facendo unha candidatura que axude en tal sentido co obxectivo de convertirse na primeira forza política de Ames.

2.- Consecuencia do anterior cifrouno en facer unha candidatura para gobernar pensando non só nas eleccións de maio senón nos catro anos que veñen despois.

3.- Crear un equipo que teña futuro traballando coa perspectiva do afianzamento da opción socialista, no só para os vindeiros 4 anos senón para un período máis longo.
Acto seguido presentou o resultado consistente na candidatura que presentou membro a membro e que se relaciona máis adiante.

Como remate da súa intervención pasou ó capítulo dos agradecementos empezando polos candidatos/as que aceptaron formar parte da lista que se presentaba.

Tamén lle agradeceu ás persoas que manifestaron a súa boa disposición para entrar nesta candidatura e que finalmente non pudieron ir por razóns familiares ou laborais.

Así mesmo mostrou o seu agradecemento polo seu traballo a quenes ocupando durante estes 4 anos o posto de concelleiro/a non repiten nesta candidatura. Neste sentido referiuse a Rudy Lamas que non continúa por razóns de estudos e Jesús Carrera que non continúa pola súa jubilación. Tamén tivo un cariñoso recordo para a que fóra concelleira a principio do mandato Carmen Feteira.

A candidatura aprobada por aclamación esta composta como segue:

1.- Carlos Fernández Castro repite nesta posición.

2.- José Varela Abeledo que así mesmo repite nesta posición.

3.- Isabel Pereiro Vila responsable da empresa Agora Aberta especializada en servizos socioeducativos adicados á mocidade, infancia e terceira idade.

4.- Francisco Villaverde Marcos, mestre do CEIP de Barouta, dirixente do clube Ames e que foi durante moitos anos alcalde do Concello de A Baña.

5.- Ursula Seijas Seoane, licenciada en administración e dirección de empresas, e veciña de Pousada.

6.- Gustavo Nieto Santiago, veciño do Milladoiro e colaborador durante os dous últimos anos das concellerías de obras e infraestruturas e servizos básicos.

7.- Isabel González Cancela, actual concelleira de sanidade e servizos sociais e concelleira da muller, sendo así mesmo a actual directora do xornal Avance editado polos Socialistas de Ames.

8.- Santos Lorenzo Lorenzo, licenciado en ciencias políticas especializado en recursos humanos nas administracións públicas.

9.- Patricia Conde Lois, veciña de parroquia de Agrón, que ven colaborando dende hai uns meses no programa de harmonización económico-financeira do Concello de Ames.

10.- José Miñones Conde, profesor universitario da USC, veciño da urbanización Aldea Nova e vicepresidente da comunidade de propietarios da mesma.

11.- Rocio Seoane Bra, a máis nova da candidatura con vinte anos de idade e que ven desenvolvendo un intenso traballo entre a mocidade, especialmente na parroquia de Bugallido de onde é natural e residente.
Continua a candidatura con Susana Señoris Rodríguez (Bertamiráns) no posto número 12, Ricardo Rey Gómez (Ameixenda) no posto número 13, Luís Ernesto Lissón Verastegui (inmigrante de orixe peruano) no número 14, María Angeles García Veiga (O Milladoiro) no número 15, José Francisco Doval Galán (Bertamiráns) no posto 16, Sonia Gil Alonso (O Milladoiro) no 17, Antonio Barreiro Mariño (natural da parroquia de Ames e veciño do Milladoiro) no número 18, Manuela Cernadas Fernández (O Milladoiro) no 19, Francisco Luis Pais Andrade (Kiko, antigo mestre do CEIP de Barouta) no número 20. Pechando esta candidatura Ramón Castro Vázquez (coñecido popularmente como Moncho da Farmacia) veciño de Bertamiráns.

[Pode ver fotografías na sección Galería de Fotos]

.

 

[ VOLVER ]

 

 

.

 

 


PSdeG-PSOE de Ames - Rúa Pardiñeiros 11-1º-Local 4 - 15895 Milladoiro - Ames
TEL. 981 53 61 67 - agrupacion@socialistasdeames.org