05/09/2010
inicio  |  candidato  |  candidatura  |  programa  |  contacto |  afíliate
galego | español
psdeg psoe . . contacta
.
.

noticias
---



O SÁBADO DÍA 2 DE DECEMBRO O PSOE DE AMES INAUGUROU AS SÚAS SEDES SOCIAIS NO MILLADOIRO E BERTAMIRÁNS


FOTO (02/12/2006) 


O sábado día 2 de decembro de 2007 o PSOE de Ames inaugurou dous novos locais, un en Bertamiráns (Rueiro 2 local 7G) e outro en Milladoiro (Rúa Pardiñeiros, 14 baixo) co obxecto de facilitar a proximidade dos cidadáns co Partido.

Debido a isto, dito sábado a Agrupación Socialista de Ames celebrou o acto de inauguración das novas sedes sociais no que participou o secretario xeral e alcalde de Ames Carlos Fernández Castro.

O acto estivo precedido dunha xornada de portas abertas para todos os veciños de Ames, período de tempo no que se puideron visitar as novas sedes, así como suxerir calquer tipo de iniciativa ao Partido.

O acto de inauguración das novas sedes quedou establecido do seguinte xeito:

XORNADA DE PORTAS ABERTAS
O Milladoiro: de 12 a 14 horas
Bertamiráns: de 17 a 20 horas

Esta iniciativa do PSOE de Ames inscríbese dentro dunha campaña de achegamento á cidadanía, durante a cal os veciños de Ames poderán dirixirse ao partido presentando propostas, alternativas, proxectos etc. que serán tidos en conta á hora da elaboración do programa marco para as vindeiras eleccións municipais.

A Agrupación Local do PSOE de Ames anima a todos os veciños a visitar as novas sedes e a participar activamente no deseño e desenvolvemento do futuro do Concello de Ames. Esta iniciativa busca a confluencia dos intereses veciñais e xerais da corporación de Ames.

[Pode ver fotografías das sedes na sección Galería de Fotos]

.

 

[ VOLVER ]

 

 

.

 

 


PSdeG-PSOE de Ames - Rúa Pardiñeiros 11-1º-Local 4 - 15895 Milladoiro - Ames
TEL. 981 53 61 67 - agrupacion@socialistasdeames.org