05/09/2010
inicio  |  candidato  |  candidatura  |  programa  |  contacto |  afíliate
galego | español
psdeg psoe . . contacta
.
.

noticias
---



CARLOS FERNÁNDEZ PRESENTOU A SÚA CANDIDATURA ARROUPADO POLO PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA EN MEDIO DUNHA GRANDE AFLUENCIA DE AMIENSES. UN ACTO MOI VISTOSO E ORIXINAL


FOTO (03/05/2007) 


O día 21 de abril os socialistas de Ames presentaban a súa candidatura no medio dunha grande expectación veciñal. A afluencia de público deixouse sentir dende moito antes do inicio do acto de presentación. O salón de actos da Casa da Cultura de Bertamiráns quedouse pequeno para o evento organizado polos socialistas amienses.

De ahí a necesidade de acondicionar o hall de entrada da Casa da Cultura con máis de cen asentos para que os asistentes puideran seguir con máis comodidade o evento a través dunha pantalla dixital.

O público puido seguir o acto a través de varias pantallas dixitais colocados estratexicamente en varios puntos da Casa da Cultura da capital amiense.

O alcalde estivo arroupado polo Presidente da Xunta e secretario xeral do PSdeG-PSOE, Emilio Pérez Touriño e o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda que compartiron escenario co candidato á alcaldía de Ames, Carlos Fernández Castro.

A encargada de abrir o acto foi a xornalista radiofónica Carmela Pardal, quen lle deu paso a un vistoso video, a través do cal se foron presentando un a un todos os membros da candidatura liderada por Carlos Fernández Castro.


O acto acadou unha gran vistosidade co emprego das novas tecnoloxías que lle deron un novo estilo a este tipo de eventos electorais. Foi a primeira vez que se levou a cabo algo semellante no Concello de Ames.

O numeroso público que asistíu ó acto puido seguilo a través de cinco pantallas. Nelas foron aparecendo o nome das distintas parroquias que conforman o Concello de Ames, así como os 21 candidatos e os tres suplentes que completan a lista liderada por Carlos Fernández Castro.

O candidato definiu a súa candidatura como plural e aberta que representa a distintos sectores e sensibilidades da sociedade amiense. Na candidatura aparecen varios independentes que amplian o abanico da sociedade representada nesta candidatura. Carlos Fernández dixo que polo tanto non era un candidatura orgánica, todo o contrario xa que representaba a meirande parte do Concello amiense.

Pechou o acto o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, que prometeu forte inversións para o Concello de Ames para seguir avanzando con máis forza na vindeira lexislatura.

Ó remate do acto o público departiu amablemente durante moito tempo co Presidente da Xunta de Galicia e co candidato á alcaldía de Ames, Carlos Fernández Castro, que xa anunciara no seu discurso que ó rematar pasarían a saudar un a un os asistentes que non puideron seguir o acto dende as butacas do salón de actos da Casa da Cultura de Bertamiráns, demostrando así unha vez máis que o noso candidato é un home de palabra e de feitos.


Enlace web:
web Ver galeria de fotos (21/04/07)

.

 

[ VOLVER ]

 

 

.

 

 


PSdeG-PSOE de Ames - Rúa Pardiñeiros 11-1º-Local 4 - 15895 Milladoiro - Ames
TEL. 981 53 61 67 - agrupacion@socialistasdeames.org