05/09/2010
inicio  |  candidato  |  candidatura  |  programa  |  contacto |  afíliate
galego | español
psdeg psoe . . contacta
.
.

noticias
---



GRAN ÉXITO DE PÚBLICO NO ACTO DE PRECAMPAÑA DO PSOE DE AMES CELEBRADO NA PARROQUIA DE AMEIXENDA


FOTO (04/05/2007) 


Os socialistas de Ames celebraron o pasado día 26 de abril un dos primeiros actos de precampaña na parroquia de Ameixenda. O mitin no que participaron o candidato do PSOE por Ameixenda, Ricardo Rey e o candidato á alcaldía de Ames, Carlos Fernández Castro, foi todo un éxito de público que abarrotaba o local do teleclub de Ameixenda.



Ricardo Rey presentou o resto de compañeiros da candidatura a través dun vídeo realizado polo PSOE para este tipo de actos. Ricardo espera que os veciños de Ameixenda sexan coherentes coas inversións realizados polo goberno amiense nestes últimos catro anos e lle den o seu apoio ó actual alcalde na cita que ten coas urnas o vindeiro 27 de maio.



Pola súa banda, Carlos Fernández, que se presenta de novo á reelección de alcalde como candidato do PSdeG-PSOE de Ames explicou a grandes rasgos as fortes inversións realizadas polo actual goberno na parroquia da Ameixenda, que antes da súa chegada ó poder carecía de alcantarillado e saneamento integral, algo que se está a piques de conseguir. Non en vano anunciáballe ós asistentes que nestes momentos se está licitando o saneamento no Mercuto e Cortegada. O prazo de licitación destas obras rematou o día 30 de abril, co cal só se está á expensa de seguir os trámites burocráticos para a súa adxudicación.



Carlos Fernández lembrou que dende o inicio desta lexislatura o goberno liderado polo Partido Socialista puxo todo o seu empeño en millorar a situación pola que atravesaba a parroquia de Ameixenda, que carecía dun servizos mínimos axeitados.
A actuación do goberno socialista pódese considerar histórica nesta zona do Concello de Ames.



Enlace web:
web Ver galeria de fotos (26/04/07)

.

 

[ VOLVER ]

 

 

.

 

 


PSdeG-PSOE de Ames - Rúa Pardiñeiros 11-1º-Local 4 - 15895 Milladoiro - Ames
TEL. 981 53 61 67 - agrupacion@socialistasdeames.org