10/03/2010
inicio  |  candidato  |  candidatura  |  programa  |  contacto  |  afíliate
galego | español
psdeg psoe . . contacta
.
.
candidato
---

 

Carlos Fdez

Carlos Antonio Fernández Castro

Nado en Santiago, o 9 de xullo de 1956, vive en Ames desde 1986. Titulado en Relacións Laborais, administrador de fincas, mestre industrial deliñante e máster en dirección e organización de empresas, ocupou diversos cargos de dirección en empresas relacionadas co urbanismo, a construción e as obras públicas.

Foi membro da etapa fundacional do Consello Galego de Relacións Laborais. No sindicato UGT desempeñou os cargos de Secretario Xeral Comarcal, Secretario de Organización de UGT Galicia, Secretario da Comisión de Conflitos, membro do Comité Nacional e Confederal, membro da Federación Galega do Metal, entre outros. Así mesmo, foi membro da Fundación Largo Caballero, delegado en Galicia de actividades de formación para cadros e representantes sindicais, así como, membro do Comité Nacional do PSdeG-PSOE.

De 1983 a 1987 foi tenente alcalde en Santiago, desempeñando, ao mesmo tempo, o cargo de concelleiro-delegado de Persoal, de Reforma Administrativa, de Seguridade Cidadá e Tráfico, e de Normalización Lingüística.

De 1983 a 1990 foi deputado na Deputación Provincial da Coruña e xa, desde 1987, foi concelleiro en Ames, exercendo como candidato á alcaldía e voceiro do Grupo Municipal Socialista até o seu nomeamento como alcalde en 2003.

.

 

.

 

 


PSdeG-PSOE de Ames - Rúa Pardiñeiros 11-1º-Local 4 - 15895 Milladoiro - Ames
TEL. 981 53 61 67 - agrupacion@socialistasdeames.org