05/09/2010
inicio  |  candidato  |  candidatura  |  programa  |  contacto  |  afíliate
galego | español
psdeg psoe . . contacta
.
.

eventos
---



Asemblea extraordinaria. Como se negociou o pacto co BNG

Data: 06/07/2007
Hora: 20:30
Lugar: Casa Cultura de Bertamiráns

Carlos Fernández explicará este venres (6 de xullo) a partir das 20.30 horas, no salón de actos da Casa da Cultura de Bertamiráns as negociacións levadas a cabo cos demais grupos políticos con representación no Concello de Ames.


Na súa intervencións aclarará o porque da negativa do BNG a pactar despois de intentalo ata o último momento. Neste sentido explicaralle ós asistentes os detalles do proceso negociador co BNG dende a constitución das comisións negociadoras ata o remate das mesmas.


Nesta ocasión a asemblea esta aberta a militantes, simpatizantes e a calquera cidadán con preocupación por saber como se chegou á actual situación e porque o Partido Socialista se veu avocado a gobernar en minoria estes vindeiros catro anos.


As posturas de todos quedarán claramente expostas nesta asemblea polo noso secretario xeral e actual alcalde de Ames, Carlos Fernández Castro, a partir das 20.30 na Casa da Cultura de Bertamiráns. A partir de ahí cada quen poderase facer unha idea máis clara, concreta e concisa sobre as negociacións levadas a cabo polos partidos políticos con representación na Casa Consistorial de Ames.


Esperámoste o venres a hora indicada. 

 

.

[ VOLVER ]

 

 

.

 

 


PSdeG-PSOE de Ames - Rúa Pardiñeiros 11-1º-Local 4 - 15895 Milladoiro - Ames
TEL. 981 53 61 67 - agrupacion@socialistasdeames.org