07/01/2009
inicio  |  candidato  |  candidatura  |  programa  |  contacto  |  afíliate
galego | español
psdeg psoe . . contacta
.
.
grupo municipal
---


Alcaldía

Como resultado dos resultados das eleccións municipais de maio de 2003 constituiuse un novo goberno municipal no Concello de Ames que está presidido desde o 14 de xuño de 2003 por Carlos Antonio Fernández Castro.

 

Atención Veciñal, Persoal e Réxime Interior

Concelleiro responsable: José Varela Abeledo

1Nado en Ames, o 8 de maio de 1934, na parroquia de Ortoño. Foi funcionario deste concello durante máis de corenta anos, onde nalgúns períodos desenvolveu os labores de secretario xeral accidental.

Colaborou asiduamente e de xeito desinteresado con asociacións e clubs aos que asesorou e axudou en xestións ante as administracións. Actualmente é tenente de alcalde, concelleiro de Atención Veciñal, Persoal e Réxime Interior e preside a Comisión de Facenda, Persoal, Réxime Interior e Especial de Contas.


Servizos Básicos, Parques e Xardíns
Mocidade


Concelleiro responsable: Rudy Lamas Gesto

2Nado o 6 de maio de 1980, en Annecy (Francia). Estudante de Ciencias Políticas, traballou en empresas do sector da moda galega. Foi representante dos alumnos nos consellos escolares de Barouta, do IES Xelmírez-I e na Xunta da Facultade de Ciencias Políticas.

Chegou á corporación municipal na anterior lexislatura sendo naquel momento o primeiro mozo en acadar a acta de concelleiro en Ames.

 

Planificación de Infraestruturas, Obras Públicas e Desenvolvemento parroquial

Concelleiro responsable: Jesús Carrera Vázquez

3Nado en Ames, o 5 de novembro de 1943, na parroquia de Ortoño. Traballou como administrativo nunha empresa de distribución de gas e no Colexio de Enxeñeiros Técnicos. Vencellado dende sempre ao Bertamiráns F.C., do que foi presidente, no que ademais desenvolveu outros cargos directivos.

Foi membro do Grupo Municipal Socialista da Corporación Municipal de Ames entre 1983 e 1987.

 

Sanidade e Servizos Sociais
Muller


Concelleira responsable: María Isabel González Cancela

4Nada en Zas, o 10 de marzo de 1969. Foi secretaria da Asociación Cultural Campus Stellae e, durante once anos, foi secretaria da Romaría Internacional, constituída por vinte concellos e dedicada a actividades culturais.

Dirixe o periódico Avance e colabora tamén na publicación e edición de diversas revistas e periódicos de contido municipal e profesional.

 

.

 

.

 

 


PSdeG-PSOE de Ames - Rúa Pardiñeiros 11-1º-Local 4 - 15895 Milladoiro - Ames
TEL. 981 53 61 67 - agrupacion@socialistasdeames.org