05/09/2010
inicio  |  candidato  |  candidatura  |  programa  |  contacto  |  afíliate
galego | español
psdeg psoe . . contacta
.
.

novas
---



CARLOS FERNÁNDEZ ELIXIDO, POR UNANIMIDADE, CANDIDATO Á ALCALDÍADE AMES POLO PSdG-PSOE


FOTO (13/01/2007) 


A Asemblea de militantes e simpatizantes da Agrupación Local do PSdG-PSOE de Ames, elixiu candidato á alcaldía nun acto celebrado o venres 12 de xaneiro na Casa da Cultura de Bertamiráns.

A candidatura de Carlos Fernández foi a única que se presentou, aínda que quedaba aberta a posibilidade para a presentación doutras candidaturas. Á hora das votacións a súa candidatura foi aprobada por unanimidade dos asistentes, sen ningunha abstención.

O acto ao que asistiron numerosos veciños contou coa participación do 90% da militancia e dos simpatizantes da Agrupación Local do PSOE.

A elección comezou coa intervención do Secretario de Organización da Agrupación Local, que foi o encargado de propoñer a Carlos Fernández como candidato. Na presentación do candidato destacou o papel levado a cabo polo alcalde de Ames ao longo desta lexislatura, porque entre outros moitos, que se podían destacar:

“Ten liderazgo. Demostrou que sabe gobernar para todos. Soubo poñer orde no Concello nun prazo breve, con fitos históricos tan importantes como aumentar a plantilla da policía local ou aprobar a primeira RPT do Concello. Foi capaz en pouco tempo de revolucionar o Concello no campo do social promovendo a igualdade e a xustiza social cos colectivos máis desfavorecidos como inmigrantes, a tereceira idade, pesoas con discapacidade etc., ademais de loitar pola verdadeira igualdade da muller no mundo laboral e social etc. No campo educativo conseguíu estender a súa función fóra do horario propiamente escolar perseguindo a conciliación entre a vida laboral e familiar e un longo etc.

Polo tanto (remataba a intervención do secretario de organización), xestión, capacidade de traballo, liderazgo e ilusión son argumentos máis que suficientes para avalar a súa futura candidatura”

Pola súa parte, o candidato socialista abreu o seu discurso dando as grazas a todas as persoas que depositaran a súa confianza nel, así como ao traballo levado a cabo nestes anos por todos os membros do seu equipo. Destacou que, de todo o dito, podía asegurar que traballo e ilusión seguirían sendo dous pilares básicos da súa candidatura.

Así mesmo, anunciou tamén que hai xa un grupo de persoas que veñen traballando dende hai meses na elaboración do programa electoral, que recollerá os obxectivos políticos e de goberno. A súa presentación está prevista para o próximo día 19 de xaneiro, así como a organización de posteriores encontros sectoriais, territoriais e profesionais, co obxectivo de invitar a aquelas persoas interesadas a participar e propoñer suxestións na redacción do documento definitivo.

[Pode ver fotografías do evento na sección Galería de Fotos]

.

 

[ VOLVER ]

 

 

.

 

 


PSdeG-PSOE de Ames - Rúa Pardiñeiros 11-1º-Local 4 - 15895 Milladoiro - Ames
TEL. 981 53 61 67 - agrupacion@socialistasdeames.org