05/09/2010
inicio  |  candidato  |  candidatura  |  programa  |  contacto  |  afíliate
galego | español
psdeg psoe . . contacta
.
.

novas
---



PRETO DE 500 PERSOAS PARTICIPARON NAS SESIÓNS DE TRABALLO PARA A ELABORACIÓN DEFINITVA DO PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE DE AMES


FOTO (26/04/2007) 


Moi preto de 500 persoas participaron nas sesións de traballo, que o PSOE de Ames organizou antes de semana santa para darlle oportunidade ós veciños do Concello de deixar constancia dos seus desexos para construír un novo Concello, máis moderno e avanzado.

As súas suxerencias foron recollidas polo grupo de traballo encargado da elaboración do programa electoral do Partido Socialista de Ames. En vindeiras datas as súas aportacións veranse reflectidas nas páxinas do definitivo programa electoral, que todos os veciños e veciñas de Ames poderán consultar nesta páxina web.

As xornadas de traballo desenvolvéronse na sede do Partido Socialista en Bertamiráns, debido a que ten unha maior capacidade de aforo que o do Milladoiro.

Estas sesións de traballo desenvolvéronse dende o día 22 de marzo ata o 2 de abril. Durante as oito sesións de traballo, para presentar o borrador do programa electoral do PSOE de Ames, máis de 400 veciños pudieron expresar as súas opinións, suxerencias e preocupacións con respecto ó futuro do Concello de Ames.

As reunión de traballo contaron cunha ampla asistencia de público, destacando a derradeira delas dedicada ao urbanismo, territorio e medio ambiente, na cal a capacidade do local do PSOE quedou desbordada pola asistencia de público. Nesta sesión o encargado de expoñer o futuro programa electoral foi o secretario xeral da Agrupación Socialista de Ames e actual alcalde Carlos Fernández Castro.

No resto das sesións os encargados de expoñer as diferentes áreas temáticas foron o resto dos membros da candidatura que o PSOE de Ames vai a presentar para as vindeiras eleccións municipais do 27 de maio.

Fontes do PSOE de Ames transmítennos que as sesións de traballo para a elaboración definitiva do programa electoral foi todo un éxito de público e participación. Moitas das suxerencias aportadas polos participantes serán recollidas na elaboración definitiva do programa electoral que o PSOE de Ames presentará para participar nas vindeiras eleccións municipais do 27 de maio.

Os membros do Comité electoral e os candidatos e candidatas que forman a candidatura do PSOE de Ames queren, dende aquí, mostrarlle o seu agradecemento ós asistentes polas súas aportacións e suxerencias.

.

 

[ VOLVER ]

 

 

.

 

 


PSdeG-PSOE de Ames - Rúa Pardiñeiros 11-1º-Local 4 - 15895 Milladoiro - Ames
TEL. 981 53 61 67 - agrupacion@socialistasdeames.org