05/09/2010
inicio  |  candidato  |  candidatura  |  programa  |  contacto  |  afíliate
galego | español
psdeg psoe . . contacta
.
.

novas
---

INICIO DA CAMPAÑA ELECTORAL

O CANDIDATO SOCIALISTA, CARLOS FERNÁNDEZ, INICIA A CAMPAÑA ELECTORAL COA TRADICIONAL PEGADA DE CARTEIS NO MILLADOIRO E BERTAMIRÁNS


FOTO (11/05/2007) 


As doce en punto o candidato socialista Carlos Fernández comezaba a campaña electoral das vindeiras eleccións municipais do dia 27. Como ven sendo tradicional iniciaba a pegada no Milladoiro desplazándose a continuación a Bertamiráns.


Rodeado de militantes e simpatizantes o candidato socialista cumpríu unha vez máis co rito de pegar o primeiro cartel electoral nunhas eleccións municipais.


A partir de hoxe, Carlos Fernández, comeza unha serie de mitins que durarán ata o vindeiro día 25 de maio coincidindo co peche de campaña. Hoxe, venres, o actual alcalde e candidato á reelección polo Partido Socialista de Ames inaugura en Ortoño a longa serie de mitins que terán lugar ó largo e ancho de todo o Concello ata o día 25, véspera do día da xornada de reflexión.


 

.

 

[ VOLVER ]

 

 

.

 

 


PSdeG-PSOE de Ames - Rúa Pardiñeiros 11-1º-Local 4 - 15895 Milladoiro - Ames
TEL. 981 53 61 67 - agrupacion@socialistasdeames.org