(23/08/2007)
Un ano máis os socialistas de Galicia celebramos a nosa festa anual. Nesta ocasión o lugar de encontro e confraternización entre os socialistas de toda Galicia será en Vilagarcía de Arousa no recinto de FEXDEGA.
Deste xeito cambiamos a ubicación de anos anteriores, xa que se viña celebrando na fermosa carballeira de Caldas.
Como todos os anos o acto contará coa presenza de Emilio Pérez Touriño, secretario xeral do PSdeG-PSOE e presidente da Xunta de Galicia. Tamén intervirá nesta festa, como ben sendo habitual o galego e secretario de organización da CEF, José Blanco.
Os que desexen pasar o día en Vilagarcía poderán comer no recinto de FEXDEGA, xa que a organización do evento ten previsto realizar un menú para o día, onde no faltará a xa tradicional paella, por un módico prezo. Tamén se poñerán autobuses a disposición dos que así o desexen.
Esperamos que o domingo día 9 sexa un día de confraternidade e ledicia para todos os socialistas galegos así como para coller forzas para as vindeiras eleccións xerais que xa están ahí ás portas e nas que debemos poñer todo o noso esforzo para que José Luís Rodríguez Zapatero siga sendo o presidente de todos os españoles.
|